Estás dacordo con limitar a velocidade de bicicletas e skates a 5 km/h nas zonas peonís?
O goberno local de Pontevedra quere aprobar unha ordenanza municipal de mobilidade que regule a velocidade dos vehículos en zonas de preferencia peonil e establecer que non superen a velocidade do peón. Este anuncio provocou reaccións a favor e en contra desta medida. Cal é a túa opinión?