Histórico liderado do Tenis de Mesa Monte Porreiro na Superdivisión: "É anecdótico pero querémolo gozar"
Por Diego Espiño
Inicio soñado do Tenis de Mesa Monte Porreiro na súa sexta tempada consecutiva na Superdivisión Masculina.
Por primeira vez na súa historia o equipo pontevedrés ocupa o liderado da máxima categoría, ao ser o único equipo que conseguiu vencer nas dúas primeiras xornadas de liga, coa dificultade engadida de ser en dous desprazamentos e un deles para medirse ao actual campión de Copa do Rei e campión de liga hai dúas tempadas, o Les Borges Vall.
"Estamos felices non, o seguinte. É a primeira vez que se dá. Sabemos que é anecdótico pero querémolo gozar a tope", asegura o director deportivo do Monte Porreiro, Nando Álvarez.
O liderado fraguouse xa na primeira xornada, na que de forma sorprendente todos os encontros finalizaron con empate salvo o protagonizado polo Visit Pontevedra na casa do recentemente ascendido Alicante, onde asinou un contundente 0-4. "É un equipo que se reforzou ben pero saíunos redondo", explica Álvarez.
Xa desde o primeiro posto o segundo enfrontamento cruzáballe co potente Borges. "Empezamos perdendo 1-0 pero empezamos a notar que nos respectan, que é moi difícil gañarnos, e ao final remontamos e gañamos 2-4", sinala o adestrador do equipo grazas ás dúas vitorias de Miguel Ángel Vílchez e os puntos achegados tamén por André da Silva e Martín Betancor.
Todo eles sumando ademais unha viaxe máis, a Países Baixos, para participar por segunda vez na súa historia nunha competición continental, a ETTU Europe Cup, logrando un segundo posto de grupo que lle permite seguir con vida no vello continente cun novo reto, a Europa Trophy Cup.
Un inicio soñado que tamén ao que colabora a estrutura feminina na División de Honra, tamén con pleno nas primeiras xornadas, e que agora esperan manter polo menos unha semana máis co que será o seu primeiro enfrontamento da tempada na casa, o que lle medirá o vindeiro domingo 15 de outubro ao Collado Mediano no pavillón de Príncipe Felipe.
Relacionadas:
-
O TM Monte Porreiro curta a súa mala serie vencendo o CTT Olot (4-2)
Por Diego Espiño |
-
Segunda derrota consecutiva dun TM Monte Porreiro 'tocado' pola grave lesión de Nico Galvano
Por Diego Espiño |
-
Primeira derrota da tempada para o TM Monte Porreiro
Por Redacción |
-
O TM Monte Porreiro cede un empate ante o Arteal Santiago (3-3)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Pleno de triunfos do TM Monte Porreiro para seguir líder da Superdivisión (0-4)
Por Redacción |
-
Defensa do liderado do TM Monte Porreiro cunha contundente vitoria fronte ao Collado Mediano (4-0)
Por Diego Espiño |
-
A aventura europea do Monte Porreiro continúa e xogará a Europa Trophy Cup
Por Diego Espiño |
-
O TM Monte Porreiro, a por unha tempada ilusionante que empeza o 24 de setembro coa Europe Cup
Por Almu Dapena |
-
O xogador do TM Monte Porreiro Matías Bentancor, concentrado con la Selección Española para el Euro Mini Champs 2023
Por Redacción |
-
O Tenis de Mesa Monte Porreiro deixa o seu selo no Torneo Internacional Cidade de Porto
Por Redacción |