Pontevedra únese ao primeiro circuíto galego de carreiras populares campo a través
Por Diego Espiño
O mundo do atletismo afeccionado non só segue crecendo en adeptos, se non que se amplía pouco a pouco en número de probas e disciplinas.
ÿ o que acontece co campo a través, modalidade reservada ata agora case en exclusiva para deportistas federados e que dende este ano se abre a todos os atletas amateurs mediante o primeiro circuíto Galicia Cross Country.
Entre as catro probas que compoñen o calendario desta primeira edición encóntrase Pontevedra, cunha carreira campo a través o domingo 23 de febreiro na Illa das Esculturas (11:30 horas) no que supón "un reforzo da nosa aposta polo deporte popular", segundo declarou o concelleiro de Deportes Agustín Fernández na presentación do evento.
Cada unha das citas contará "con circuitos sencillos y llanos" de aproximadamente 4.000 metros coa intención de "que el atleta popular se incorpore al cross y pueda disfrutar de 4.000 metros de puro campo", tal e como defendeu Javier Romay, representante de Championchip Norte.
Vilalba (2 de febrebro), Ferrol (9 de febreiro) e Lugo (8 de marzo) completan a Galicia Cross Country, no que se poderá participar na clasificación conxunta, completando tres das catro probas, ou só nunha delas.
A inscrición debe formalizarse a través da web www.championchipnorte.com, cun prezo por proba de 8 euros (máis 2 euros de aluguer do chip en caso de ser necesario) e un desconto para os que queiran acudir a todas as citas.