Renovacións en bloque no Arosa, que asegura a continuidade da columna vertebral do equipo
Por Redacción
Paso importante do Arosa para afianzar o seu proxecto deportivo na Terceira RFEF e o seu obxectivo de volver pelexar por un ascenso que este ano se quedou moi preto.
O club de Vilagarcía anunciou este xoves, de golpe, ata once renovacións de xogadores que foron importantes a pasada campaña. Desta forma Luisito, técnico e director deportivo da entidade, blinda a columna vertebral do equipo.
Estas renovacións son as do gardameta Manu Táboas, os defensores Sergio Cotilla, Santi Figueroa, Pacheco, Nacho Carús e Martín Sánchez; os centrocampistas Brais Pedreira, Brais Vidal e Iñaki Martínez; e os atacantes Borja Míguez e Sylla.
Entre eles destaca a continuidade de Táboas, que afrontará a súa sexta tempada na Lomba, Cotilla que seguirá por quinto curso e Pachecho que cumprirá o seu cuarto ano no equipo.
Primeiros renovados para a 2023/2024… e xa estamos para xogar!
— Arosa SC (@AROSASCOFICIAL) June 8, 2023
Nos próximos días eles mesmos vos contarán máis detalles. Nova tempada, mesmas ganas! #ForzaArosa #ArosaSC pic.twitter.com/SF1QxZzcOC
Ademais a estes xogadores, confirma o Arosa, sumaránselles durante a pretempada os xuvenís Sergio Prieto e Memet, ademais de todos os que terminan a súa etapa xuvenil: Hugo Losada, Nico, Dani, Redondo, David Conde, Lucas García e Lucas Aguín.
Con estes movementos en bloque o Arosa cumpre unha das prioridades marcadas desde a dirección deportiva, a de manter o bloque de futbolistas que se clasificaron para o play-off de ascenso e que conseguiron o billete para a próxima edición da Copa do Rei.
Relacionadas:
-
Rubo Blanco, de 'La Isla de las Tentaciones' a buscar o ascenso co Arosa
Por Redacción |
-
Xornada frenética no Arosa: Fichaxe, baixas e comunicado dos xogadores renovados en defensa de Luisito
Por Diego Espiño |
-
O Arosa confirma a súa terceira fichaxe, o extremo sub-23 Javi Pereira
Por Redacción |
-
Diego Enjamio convértese na segunda incorporación do Arosa
Por Redacción |
-
Antón Concheiro, primeira fichaxe do Arosa
Por Redacción |
-
Luisito: "Son un home con moito carácter, pero xamais lle botei a man a un futbolista"
Por Almu Dapena |
-
O Arosa di adeus ao seu capitán Julio Rey tras rexeitar renovar: "Non é fácil tomar esta decisión despois de toda a vida aquí"
Por Redacción |
-
As opcións do Pontevedra para recuperar a Iñaki Martínez e Santi Figueroa caducaron no mercado invernal
Por Diego Espiño |
-
Luisito volverá tentalo co Arosa: "Véxome moralmente obrigado a renovar"
Por Diego Espiño |
-
Adeus á fase de ascenso para o Arosa no asalto definitivo ante o Villalbés (1-2)
Por Almu Dapena |