O ano empeza para o Galaico co Campionato Galego de Natación de Longa Distancia
Por Redacción
Se o 2013 acabou para o Club Natación Galaico co título autonómico de clubs en piscina curta, o inicio de 2014 depara outra cita importante para a entidade pontevedresa, o X Campionato Galego de Longa Distancia en Piscina.
En Santiago de Compostela, lugar escollido para a celebración do campionato, o Galaico defenderá o título logrado en outubro de 2012 na piscina de Ponte Muíños.
Nesta ocasión será o complexo de Santa Isabel, o próximo sábado 11 de xaneiro dende as 17:00 horas, o lugar dunha competición que é ademais clasificatoria para o Nacional da especialidade.
O equipo pontevedrés comparecerá en Santiago cun total de 14 nadadores nas diferentes categorías para enfrontarse a unha distancia de 3.000 metros no caso dos júnior e sénior e 2.000 metros para os infantís.
Os nadadores do club que lograron a marca mímina son: Iria García, Laura Paola Montes, Itziar Aranguren, Ainhoa Golobardas e Carmen Gómez en sénior e júnior feminina; Christian Fernández, ÿscar Guimeráns, Iago Lorenzo, André González e Miguel Gallego en sénior e júnior masculina; Paula Goyanes, Lucía González e Lara Gómez en infantil feminina; e Daniel Sánchez en infantil masculina.