O Circuíto de Carreiras Populares de Pontevedra terá segunda edición en 2014
Por Diego Espiño
O Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra dará continuidade ao Circuíto de Carreiras Populares (CCCP) en 2014 despois do éxito da primeira edición.
Ao igual que en 2013, o circuíto estará composto por seis probas repartidas ao longo do ano, empezando o 2 de febreiro coa Carreira Pedestre de San Brais e finalizando co Medio Maratón o 19 de outubro.
Entre ambas as dúas celebrarase a Carreira Pedestre de Monte Porreiro (13 de abril), os 10.000 metros nocturnos PonteNoite 5 +5 (14 de xuño), a Carreira Pedestre de Santiaguiño do Burgo (25 de xullo) e a de Campañó (20 de setembro).
No seu primeiro ano de vida foron máis de 200 os atletas que participaron no CCCP do total de corredores que tomaron a saída en cada unha das probas, sendo a máis numerosa o Medio Maratón con máis de 1.500 participantes.
O obxectivo da organización para o segundo ano da iniciativa é incrementar o número de deportistas que se animen a disputar todas as carreiras populares que compoñen o circuíto.
ENTREGA DE PREMIOS DA PRIMEIRA EDICIÿN
Este sábado 28 de decembro celebrarase a entrega de premios do primeiro Circuíto de Carreiras Populares de Pontevedra na praza da Ferrería ás 12:00 horas, cambiándose o acto ao Teatro Principal en caso de chuvia.
Os gañadores da clasificación xeral do CCCP foron José Antonio Ramallo en categoría masculina e Verónica Romero na feminina.
Relacionadas:
-
Iván Docampo e Águeda Blanco impóñense na carreira popular de San Brais
Por Diego Torrado |
-
Pequenos cambios na carreira popular de San Brais, que se pasa á mañá do domingo 2 de febreiro
Por Diego Espiño |
-
Clasificación compensada e por equipos, novidades do II Circuíto de Carreiras Populares
Por Redacción |
-
Manuel Hurtado volve vencer no Medio Maratón de Pontevedra
Por Redacción |
-
PonteNoite 5+5: un espectáculo nocturno de atletismo polas rúas de Pontevedra
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |