Galaico, Rías do Sur e Supera recadan 800 euros para RedeAxuda
Por Diego Espiño
As diversas iniciativas solidarias postas en marcha no último mes no Complexo Deportivo Rías do Sur lograron recadar 800 euros, que foron entregados este luns no Concello aos responsables de RedeAxuda.
Na iniciativa, destinada ao programa moedeiro da rede, colaboraron o Club Natación Galaico, a Fundación Rías do Sur e a concesionaria das instalacións, Supera, realizando desde sorteos ata clases solidarias de zumba ou talleres de xogos para os máis pequenos.
Na entrega estaban presentes José Ramón Meiriño pola Fundación, José Miguel Cano e Esther Galego polo Galaico, a concelleira de Benestar Social, Carmen Fouces, e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, quen cualificou a axuda destes colectivos como "un exemplo inmenso da solidariedade da cidade de Pontevedra".