Triplete de ouros nacionais para Lydia Pérez
Por Redacción
Lydia Pérez Touriño foi unha das grandes protagonistas dos campionatos de España de loita olímpica celebrado en datas recentes.
A deportista pontevedresa comezou o periplo de citas nacionais cunha medalla de ouro no Campionato de España Universitario celebrado en Murcia, e deu continuidade aos bos resultados no dobre evento organizado en Xixón.
En Asturias a representante do Club Loita Pontevedra sumou dous títulos máis na categoría de -62 quilos ao vencer no Campionato de España de Loitas Olímpicas e posteriormente no Nacional de Loita Praia.
Uns resultados que demostran o seu bo estado de forma e que achegan un extra de motivación para o seu próximo reto internacional, os Xogos do Mediterráneo que terá lugar a finais de xuño en Alxeria.
O Club Loita Pontevedra sumou ademais outra medalla, cunha prata de Pablo García na competición de loita praia de 80 quilos, mentres que Iago Fernández quedou ás portas do podio, cuarto, en idade cadete.
Completaron a representación pontevedresa o propio Pablo García en loita grecorromana cun quinto posto e Raúl Lesta sendo sexto na mesma modalidade.
En canto á selección galega, finalizou no segundo posto final na loita libre olímpica, a loita feminina e a loita praia e foi terceira no sambo praia.
Relacionadas:
-
O Gran Premio de España, parada de Lydia Pérez tras o seu bronce nos Xogos do Mediterráneo
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Lydia Pérez cae nas semifinais dos Xgos do Mediterráneo e loitará polo bronce
Por Manu Otero |
-
O alumnado do colexio San José adéntrase no remo e na loita olímpica
Por Redacción |
-
Lydia Pérez cae na rolda de clasificación do Europeo tras un apertado combate
Por Diego Espiño |
-
Lydia Pérez, cos Xogos Olímpicos entre cella e cella: "O único camiño é persistir. Se non é en París será en Los Ángeles"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |