Empate para o Leis nun difícil partido na Estrada (3-3)
Por Redacción
Intenso partido para o Leis na súa visita ao pavillón Coto Ferreiro da Estrada (3-3).
O equipo lerezano rabuñou un punto nunha cancha complicada despois de dominar durante boa parte do encontro un equipo, A Estrada Futsal, en progresión ascendente na liga.
Adiantouse o Leis con dous goles nos primeiros dez minutos, aínda que o conxunto local logrou empatar xa na segunda metade.
Despois de novo os de Manu Cossío tomaban vantaxe antes de que A Estrada puxese o definitivo 3-3 no marcador.
A pesar do empate o Leis mantense na cabeza da clasificación da Terceira División, aínda que o liderado agora é compartido co Pazos de Borbén.
A ESTRADA FUTSAL (3): Maricho, Kinso, Marcos, Moro (2), Rafa -cinco inicial- Rebo (1), Botel, Tojo, Tossi.
LEIS PONTEVEDRA (3): Chenlli, Sergio Martínez, Raúl Jiménez, Martín, Pablo Durán -cinco inicial- Sergio García, Barcala, Miguel, Daniel, Noel (3), Gustavo.
Árbitros: Castro Maqueira e González Lubian. Amoestaron aos locais Maricho e Rafa e aos visitantes Pablo Durán e Martín.
Incidencias: Partido disputado no pavillón Coto Ferreiro da Estrada ante uns 300 espectadores.