Fin á xeira positiva do Sanxenxo, que cae na casa ante o Valladares (0-2)
Por Redacción
Dez partidos despois o Xuventú Sanxenxo puxo fin a súa xeira positiva cunha derrota na casa ante o Valladares (0-2).
A falta de intensidade dos amarelos na primeira media hora de choque foi demasiada lousa ante un rival que aproveitou as facilidades iniciais para poñerse en vantaxe, primeiro cun gol de Cristian aos 12 minutos e despois con outro tanto de Dani aos 18.
Cando os de ÿscar García quixeron reaccionar estaban xa dous goles por debaixo no marcador ante un Valladares que se encontrou cómodo repregándose defensivamente.
O Sanxenxo intentouno, principalmente na segunda metade, pero non foi capaz de perforar a meta dun inspirado Denís.
A pesar da derrota os amarelos mantéñense en zona de ascenso directo, segundos, con 23 puntos, uns menos que o novo líder, o Ribadumia.
XUVENTÿ SANXENXO (0): Velay, Minso, Tinaia, Javi, Fon (Rober, min.54), Cañi, Diego Blanco, Hugo (Muradás, min.63), Cuchi, Nel, Cerqueiras.
CD VALLADARES (1): Denís, Canella, Manuel, Toni, Cristian, Miguel, Calado (Nacho, min.89), Víctor (Tomás, min.77), Bruno, Dani (Ero, min.63), David (Ramilo, min.85).
Árbitro: Gay Casal (Santiago). Amoestou aos locais Rober, Tinaia e Nel e aos visitantes Ero e Manuel.
Goles: 0-1 Cristian, min.12; 0-2 Dani, min.18.
Incidencias: Partido disputado en Baltar de Arriba.