A escalada deportiva, un 'Laboratorio da Infancia" para os escolares pontevedreses
Por Diego Espiño & Mónica Patxot
Foi un dos deportes máis seguidos e que máis sorprendeu nos últimos Xogos Olímpicos de Tokyo, pero tamén é unha actividade da que poden gozar todos os públicos.
A escalada é unha das actividades incluídas dentro do programa educativo Laboratorio da Infancia, que este curso impulsa o Concello de Pontevedra dentro das accións para desenvolver na Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado de Pontevedra 'Máis Modelo Pontevedra' (Edusi), que conta con fondos europeos.
Grazas a ese programa grupos de escolares visitan estes días o rocódromo instalado no pavillón Multiusos da Xunqueira, como fixeron este martes 22 alumnos de 6º curso do CEIP Cabanas de Salcedo.
"O que queremos é con este proxecto xerar novas experiencias aos mozos de Pontevedra e tamén un maior coñecemento da súa contorna", sinalou desde o propio pavillón o concelleiro de Educación e Deportes, Tino Fernández.
Ata o momento planificaronse xa "125 excursións para máis dunha vintena de centros", explicou á súa vez Marcos Gómez, coordinador das actividades por parte da empresa Marexada.
Ademais de fomentar a práctica deportiva, o Laboratorio da Infancia conta con obradoiros centrados en educación ambiental, sustentabilidade, vida saudable e economía circular.
Relacionadas:
-
Lores promete mellores instalacións municipais para o deporte da escalada
Por Manu Otero |
-
LAB Cultura bota a andar para mellorar a relación entre a infancia e a cultura na cidade
Por Redacción |
-
O Laboratorio da Infancia programa actividades saudables para escolares
Por Redacción |
-
O título autonómico de escalada en idade escolar decídese en Pontevedra
Por Manu Otero |
-
Pistoletazo de saída para o 'Laboratorio da Infancia'
Por Redacción |
-
Activan as actividades para escolares que organiza o Laboratorio da Infancia
Por Redacción |