Irene Vilaboa: "O Teucro non vai ser un equipo fácil para o resto de rivais"
Por Manu Otero & Mónica Patxot
O Teucro da campaña 2021/2022 xa está en marcha. Atrás quedou o sufrimento da última tempada na que houbo que esperar á última xornada para cecrtificar a permanencia a un partido a vida ou morte. Borrón e conta nova. O plantel, ao que aínda lle faltan tres fichaxes para pecharse, está "con ilusión e ganas de empezar outra tempada. Hai que poñerse as pilas competir cada punto", declarou a adestradora teucrista, Irene Vilaboa antes do primeiro adestramento da pretemporada.
A xunta xestora e o corpo técnico compaxinarán estes días o traballo de pretemporada coa procura de tres pezas para pechar o primeiro equipo. Vilaboa necesita un porteiro, "que xa está case pechado", un extremo izquiero e un lateral. Con esas vimbias, está convencida de que o equipo sufrirá menos que no curso anterior.
"A permanencia é o obxectivo que teñen todos os equipos. Trátase dunha competicion dividida onde tes que xogar cada partido coma se fera o último. O primeiro obxectivo é meterse no grupo de arriba, que vai estar moi caro. Pero o Teucro non vai ser un equipo fácil para o resto de rivais. Se quedas abaixo, a permanencia", expón a preparadora, quen advirte de que "ascender a Asobar non é o obxectivo".
O estilo e o núcleo do equipo xa se implantou durante o curso pasado, agora a preparadora quere un equipo "cada vez máis rapido e cada vez máis forte", pero puntualiza que "este ano, a nivel táctico, a calidade ten que aparecer unida a esas dúas características".
A pretemporada está xa en marcha cun calendario de moita carga de traballo. "Vai haber moito balón, pero o traballo físico será importante. Aínda así, imos meter calidade e traballo táctico desde o primeiro momento. Imos equilibrar a dúas faceta", explica Vilaboa coa vista posta xa no primeiro test de preparación que será a finais de mes contra o Lalín na Supercopa de Galicia.
Relacionadas:
-
O Teucro supera o Xiria no primeiro amigable diante da súa afección (31-25)
Por Redacción |
-
Kilian Ramírez, fichaxe para a portería do Teucro
Por Diego Espiño |
-
Irene Vilaboa pon deberes ao seu novo Teucro: "Subir a intensidade ao que xogabamos o ano pasado"
Por Diego Espiño |
-
Un positivo por covid-19 nas filas do Lalín obriga ao plantel do Teucro a confinarse
Por Redacción |
-
Marko Dzokic, teucrista unha tempada máis
Por Redacción |
-
O Teucro regresa este xoves aos adestramentos co plantel sen pechar
Por Manu Otero |