Pontevedra agasalla os piragüistas Antía Otero, Claudia Couto e Pablo Crespo polos seus éxitos no Europeo
Por Redacción
Os piragüistas da EP Ciudad de Pontevedra Antía Otero, Pablo Crespo e Claudia Couto foron recibidos este mércores no Concello de Pontevedra polos excelentes resultados conseguidos no Europeo Júnior celebrado a pasada semana en Poznan, en Polonia.
O alcalde Miguel Anxo Fernández Lorez e o concelleiro de Deportes, Tino Fernández, felicitaron aos tres deportistas, que acudiron acompañados do seu adestrador, Miguel Ángel Villanueva Pérez, polos seus éxitos. Antía Otero regresou a Pontevedra cunha medalla de ouro e dous de bronce, Pablo Crespo, logrou o bronce no C-2 500 sub 23; e Claudia Couto, foi terceira no C-1 500 júnior.
Os deportistas recibiron de mans dos representantes do goberno local un agasallo por ser "motivo de orgullo para a nosa cidade" consistente nunhas pulseiras axustables co logotipo do Concello de Pontevedra.