Carolina García e Sara Ouzande despídense dos Xogos coa cabeza alta tras ser terceiras no Preolímpico
Por Diego Espiño
Tentárono ata o final pero Carolina García (EP Ciudad de Pontevedra) e a súa compañeira de embarcación, a asturiana Sara Ouzande (Kaiak Tudense) non estarán nos Xogos Olímpicos de Tokyo.
A pesar de non ser favoritas no K-2 500, García e Ouzande plantáronse na final do clasificatorio cunha meritoria actuación, e con desenvoltura ameazaron con dar a sorpresa. O reto a pesar de todo era de extrema dificultade, e é que a súa proba só repartía unha praza olímpica.
Era necesario gañar a final e non o conseguiron, aínda que meteron o medo no corpo aos seus rivais ao pasar polo punto intermedio na cabeza despois dunha boa saída. Con todo nos metros decisivos víronse superadas pola parella alemá, que foi primeira, e a rusa, segunda. Ao final, foron terceiras cun tempo de 1:50.30, a 1.37 segundos do triunfo.
La gallega Carolina García y la asturiana Sara Ouzande rozan el pasaporte en K2 500 para los JJOO tras quedar terceras en el preolímpico europeo. pic.twitter.com/3N3BP00yZ2
— PiragüismoEspaña (@RFEPiraguismo) May 13, 2021
Tratábase da última oportunidade de clasificarse para os Xogos, xa que o Preolímpico Mundial da próxima semana en Rusia será só embarcacións individuais.
Pese ao resultado final, o rendemento de ambas as dúas nos últimos meses abre unha porta ao optimismo de cara ao próximo ciclo, máis curto do habitual, ata París 2024. Visto o visto, non será nin moito menos un imposible.