Boas sensacións para o Arxil, que vence en Portugal os seus dous primeiros partidos de pretempada
Por Redacción
Boas sensacións para o Arxil nos seus dous primeiros partidos de pretempada. As xogadoras de Maite Méndez poñían rumbo a Portugal para poñer a proba o traballo realizado estas últimas semanas. En ambos encontros púidose ver a grandes pinceladas o que pode ser este equipo esta tempada que se inicia e na que volverá competir na Liga Feminina 2.
As pontevedresas traballaron duro os corenta minutos de ambos encontros, e malia que os dous empezaron con resultado adverso, as súas forzas non se mermaron e cun traballo constante, unha gran defensa e moitas ganas de facelo ben conseguiron darlle a volta ao electrónico.
Os partidos estiveron marcados pola dureza das dúas escuadras anfitrionas, que castigaban constantemente coa dureza do seu defensa e pola calor desbordante que facía na instalación. O cadro técnico pontevedrés tivo que realizar continuas rotaciones para poder manter o ritmo de xogo durante os corenta minutos.
No seu partido contra o Olivais de Coimbra o resultado foi moi axustado, levándose o partido nos últimos segundos (42-43). Os tres primeiros cuartos foron baixos en canto a anotación, pero as do Lérez puxéronse as pilas facendo un parcial de (7-20) no último que as levaron a unha vitoria final.
No segundo partido contra o Ad Vagos (43-55) estiveron un pouco máis entonadas en canto ao acerto e malia ter un inicio moi frouxo cun parcial de (4-12), deron a volta ao electrónico cun parcial de (6-19) no segundo cuarto. Foron aos poucos aumentando a diferenza, grazas á boa defensa e ás rápidas transicións.
O cadro técnico considera moi positivo o resultado do torneo, xa que as xogadoras veñen con boas sensacións, e convencidas de que traballando pódense conseguir grandes cousas.
Relacionadas:
-
A melloría do Arxil, a proba ante o Celta Selmark en Copa Galicia
Por Redacción |
-
O Arxil preséntase ante a súa afección cun amigable contra o Instituto de Fertilidad Air Europa
Por Redacción |
-
O Arxil desprázase a Portugal para disputar os seus dous primeiros amigables de pretempada
Por Redacción |