Mes e medio despois, o Cisne volve a escena con enerxías renovadas
Por Manu Otero
O Cisne inicia este martes, ás 20.30 horas, en Cuenca a segunda volta. Os brancos inician a fase final do campionato con enerxías e forzas renovadas despois dun maratoniano final de primeira volta que se saldou coa consecución de cinco puntos que permitiron ao equipo abandonar o faroliño vermello e afrontar con esperanzas renovadas o reto da permanencia en Asobal.
"O parón era necesario. Estabamos coas baterías ao mínimo. Recuperámonos, fichamos e agora teremos máis opcións para puntuar", admite o técnico do primeiro equipo, Javier Fernández, Jabato. A esixencia e dificultades para conseguir puntos seguirá sendo máxima, pero agora os brancos xa poden contar co recuperado Pombo, o internacional por Estados Unidos, Álex Chan; e as fichaxes Oleksandr Nekrushet e Ángel Iglesias, baixa para este partido xunto a Gayoso por senllas sobrecargas.
Estas vacacións forzosas motivadas pola disputa do Mundial de Balonmán, serviu a Jabato e o seu equipo para puír a preparación do plantel desde un punto de vista físico e táctico, que espera que poida dar os seus froitos este mesmo martes "nunha das canchas míticas de Asobal".
"Será un partido moi dificil, pero esta vai ser a tónica habitual dos partidos fóra de casa que quedan. Se todos achegan, haberá opcións", esixe o preparador aos seus.
O Cisne inicia a segunda volta do campionato en antepenúltima posición con 7 puntos, a dous da salvación, que marca Puerto Sagunto, aínda que os da Comunidade Valenciana, igual que o Frogoríficos do Morrazo, teñen un partido disputado menos que os pontevedreses. Ao pecharse a liga do curso pasado sen descensos, este ano serán catro os equipos que caerán a Prata, e o cadro pontevedrés pelexará por escapar da queima nunha carreira de 17 datas con Villa de Aranda, Frigoríficos, Porto Sagunto, Nava e Sinfín.
Relacionadas:
-
A inactividade pasa factura ao Cisne en Cuenca no regreso da Liga Asobal (36-25)
Por Diego Espiño |
-
Álex Chan, de volta a Pontevedra tras quedar sen Mundial pola covid-19: "EEUU hubiese sorprendido a mucha gente"
Por Diego Espiño |
-
O Cisne confirma a fichaxe de Ángel Iglesias tras desvincularse do Teucro
Por Redacción |
-
O Cisne suspende o Memorial Luaces que lle ía a enfrontar ao Atlético Novás
Por Redacción |
-
Gonzalo Carró, a mellor 'fichaxe' invernal para o Cisne: "El médico me ha dicho que estaba mejor de lo que esperaba"
Por Diego Espiño |
-
O Cisne vende cara a súa derrota fronte ao Ademar no seu último partido do ano (25-29)
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
O Cisne desínflase tras o descanso e termina caendo en casa do Puente Genil (31-22)
Por Almu Dapena |