Pablo Dapena deixa atrás a súa lesión e afronta a nova tempada "motivado y con ganas de competir"
Por Almu Dapena
"Motivado y con ganas de recuperar el nivel". Así afronta esta nova tempada o triatleta pontevedrés Pablo Dapena, que deixa atrás un ano no que non puido competir e no que pasou por unha das súas peores lesións, unha pequena rotura no psoas.
Establecido en Lanzarote co BMC Triathlon Team, co renovou o seu compromiso para o 2021, Dapena bota a vista atrás e recoñece que o pasou mal. "Fue difícil parar cinco semanas. Llevaba dos meses entrenando sin correr y 'parcheando' para evitar molestias, pero llegó un momento en el que no mejoraba y tuve que parar", lamenta. Foron semanas de "mucho sacrificio, casi medio día entre ir al fisio y recuperar", pero afortunadamente agora "no hay molestias, todo va bien".
En canto aos obxectivos que se marca este ano, "el primero es competir, que ya bastante es", chancea o pontevedrés, que admite que nestes momentos está en proceso de "recuperar el nivel"; "estoy en ello, estoy dedicado 100% a entrenar".
O primeiro reto importante marcado no calendario de Pablo Dapena e que espera "que salga adelante" é o Challenge de Miami, que nun principio, se as circunstancias permíteno, celebrarase o 13 de marzo.
En principio ten pensado competir en "más o menos 7 pruebas de media distancia". Entre elas están o Challene de Lisboa, que se disputará dúas semanas despois de trasladarse a Florida, o 27 de marzo. A súa próxima cita será o 24 de abril en Gran Canaria, onde disputará o Anfi Challenge Mogan e, o 9 maio, viaxará a Italia para participar no Challenge Riccione.
Relacionadas:
-
Frodeno, Lange... e Pablo Dapena: Duelo de campións mundiais no Challenge Mogán Gran Canaria
Por Diego Espiño |
-
Pablo Dapena, "decepcionado" co seu 12 posto no Challenge Miami, primeiro gran reto da tempada
Por Almu Dapena |
-
Dura competencia para Pablo Dapena no seu primeiro grande reto da tempada, o Challenge Miami
Por Diego Espiño |
-
O triatleta Antonio Serrat, repudiado por Estados Unidos, intégrase no grupo de elite do CGTD
Por Manu Otero |
-
Pablo Dapena ve a luz ao final do túnel tras "unha das peores lesións que tiven"
Por Diego Espiño |
-
Confirman a Pontevedra como sede do Nacional Sprint de Tríatlon, con Gómez Noya e Mola como principais reclamos
Por Diego Espiño |