Golpe de realidade para o Cisne que se estrela contra un Huesca moi superior (24-31)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz
O Dicsa Modular Cisne volveu a tropezar ante a súa afección. O cadro de Jabato recibiu este domingo ás 17:00 horas no Pavillón Municipal ao Bada Huesca, equipo que se atopaba no último posto da clasificación pero que demostrou a súa veteranía na categoría para deixar practicamente sentenciado o partido cando se chegou ao descanso.
Non foi ata o minuto e medio cando se abriu o marcador. Joao Pinto foi o encargado de marcar o primeiro tanto do partido a favor do Bada Huesca. Alexandre Chan facía das súas e respondía igualando, dando paso a 7 minutos onde cada ataque que anotaba un equipo era respondido polo rival (4-4).
A partir de aí, os de branco conseguiron un pequeno colchón de dous goles grazas aos tantos de Carlos Pombo e Carlos Álvarez que puxeron o 6-4 no luminoso, pero a resposta rival chegou ao momento cun parcial de 0-3 que lles devolveu a vantaxe inicial (6-7).
O Cisne logrou poñerse de novo por diante cos goles de Preciado e Chan cando chegaba ao ecuador da primeira metade, pero o Huesca facíase forte en defensa e apertaba o acelerador para dar a volta ao partido e poñerse en 9-11.
Os de Jabato comezaron a tropezarse unha e outra vez contra un muro rival que impedía que o seu marcador se movese. Quedaban 5 minutos e o Huesca seguía arroiando a un Cisne que estaba cada vez máis tocado, pasando do 10-13 ao 11-16, maior diferenza ata o momento coa que se alcanzou o descanso.
O regreso á pista non veu ben aos de Pontevedra que, pese ao cambio defensivo a un cinco uno con Andrés Sánchez por diante, viron como os lanzamentos rivais seguían coándose no interior da portería de Villamarín.
A ferida cada vez era máis grande. O Huesca continuaba cun ataque que cada vez era máis potente. Nos primeiros 10 minutos da segunda metade o equipo branco só foi capaz de anotar dous goles, ambos por parte de Alex Chan, mentres que o rival seguía sumando poniendose cunha diferenza de doce tantos (13-25) imposibles de remontar.
O partido xa estaba perdido pero o Cisne non se deu por vencido. A afección non deixaba de animar, e Pombo e Chapela anotaban para maquillar unha diferenza que volvía facerse inmensa xa que o Huesca regresaba ao nivel demostrado ata o momento e devolvía o golpe anotando o 16-29.
Jabato cambiou o xogo en primeira liña dos seus e as cousas cambiaron. Recortaron o marcador cun parcial de 4-0 grazas aos goles de Dani Ramos por partida dobre, Javi Vázquez e Pablo Picallo (20-29, min 25) chegando aos últimos 5 minutos de xogo nos que xa estaba todo decidido.
O Huesca anotou dous goles fronte a outros 4 do recentemente chegado a Asobal, dous de Preciado e dous de Leiras, que estreábase como goleador no encontro. Con estes tantos o Cisne maquillou o resultado, alcanzando o asubío final cun resultado de 24-31.
Consulta as estatísticas do partido entre o Dicsa Modular Cisne e o Bada Huesca na seguinte ligazón.
Relacionadas:
-
Un Cisne de dúas caras queda ao bordo da remontada fronte ao Cuenca (29-32)
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Oportunidade de reválida para o Cisne na visita do Ciudad Encantada ao Municipal
Por Redacción |
-
O Cisne buscará os dous primeiros puntos en casa fronte ao último clasificado, o Bada Huesca
Por Redacción |
-
A falta de fol deixa o Cisne co mel nos beizos e cae co Anaitasuna por 26-21
Por Almu Dapena |
-
O Cisne estréase na casa con derrota fronte ao BM Puerto Sagunto (26-27)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Cisne leva o derbi galego ante o Cangas e consegue a súa primeira vitoria en Asobal (26-33)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Honroso debut do Cisne en Asobal a pesar da súa derrota fronte o Granollers (27-21)
Por Redacción |