O Anaitasuna de Quique Domínguez, que aínda non coñece a vitoria, recibe a visita do Cisne
Por Redacción
O Cisne segue acumulando experiencia na máxima categoría do balonmán español e este sábado visitará unha das canchas con máis soleira da categoría. Os de Jabato mídense, ás 19 horas, ao Anaitasuna que dirixe un vello coñecido da afección pontevedresa: Quique Domínguez. Aínda que só se disputaron tres xornadas, os navarros chegan con certas urxencias ao encontro contra os brancos porque, a pesar de estar chamados a loitar por unha praza europea, aínda non saben o que é gañar esta tempada.
"Empezaron contra o Barcelona, que é como ir ao dentista e todos teremos que pasar por aí. Logo xogaron contra o Bidasoa, dominárono pero acabaron caendo por un gol. E na visita ao Benidorm conseguiron levantar o partido nun minuto cando ían 3 abaixo para arrincar un punto", expón Quiños, o segundo adestrador do Dicsa Modular Cisne. "É un equipo feito para estar arriba", insiste o técnico convencido de que a necesidade de gañar fará aos pamploneses aínda máis perigosos.
Os de Jabato, pola súa banda, tentarán buscar o seu tradicional xogo de ritmo alto e transicións tápidas confiando na inspiración do seu ataque e no bo facer defensivo e do seu porteiro para poder dar a sorpresa e regresar a Galicia coa segunda vitoria da tempada na mochila.
Os locais non o poñerán fácil. O pontevedrés Domnínguez coñece á perfección o estilo do cadro de Jabato, pero os visitantes tratarán de sacar proveito do novo estilo de xogo que está a tratar de impoñer o técnico a un equipo que sufriu este ano unha profunda remodelación. "Teñen un adestrador novo como Quique Dominguez que xa está a facer notar o seu estilo propio, aínda que non sei se estará contento co punto de maduración dos seus conceptos", matiza o segundo adestrador do Cisne.
Aínda así, o talento dun plantel cunha importante dose de canteiráns maridada co talento de grandes incorporacións como Juan do Arco ou Ander Torriko, moi perigosos en ataque. A defensa é outra das fortalezas dos navarros, que combinan as férreas marcaxes cun sistema máis agresivo con tres xogadores adiantados para roubar e castigar ao contragolpe.
Relacionadas:
-
A falta de fol deixa o Cisne co mel nos beizos e cae co Anaitasuna por 26-21
Por Almu Dapena |
-
O Cisne estréase na casa con derrota fronte ao BM Puerto Sagunto (26-27)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Esperada estrea do Cisne na casa en busca da súa segunda vitoria na Liga Asobal
Por Redacción |
-
O Cisne leva o derbi galego ante o Cangas e consegue a súa primeira vitoria en Asobal (26-33)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Honroso debut do Cisne en Asobal a pesar da súa derrota fronte o Granollers (27-21)
Por Redacción |