Atrasado ata xaneiro o inicio das ligas nacionais de tenis de mesa
Por Diego Espiño
As ligas nacionais de tenis de mesa, entre elas a Superdivisión masculina e a División de Honra tanto feminina como masculina na que militan os equipos do Tenis de Mesa Monte Porreiro, non darán comezo ata 2021.
Concretamente farano, se nada o impide, o 9 de xaneiro de 2021, segundo comunicou aos clubs implicados a Real Federación Española de Tenis de Mesa (RFETM).
O organismo federativo acóllese desta maneira á segunda versión do calendario nacional que aprobara o pasado mes de agosto, atrasando o inicio das súas ligas máis importantes.
"As ligas desenvolveranse en base ao protocolo de actuación para a volta de competicións oficiais de ámbito estatal e carácter non profesional", explica a RFETM na circular que fixo chegar aos clubs. Ademais deixa aberta a posibilidade de cambiar o formato da competición, ao asegurar que "as ligas darán comezo ben en formato de liga regular, a dobre volta, ou se desenvolverán en fase de concentración permanente en varias fins de semana e na sede ou sedes que determine a RFETM".
Na circular a federación confirma tamén que se acordou eximir aos clubs da a cota de inscrición nas ligas, como medida de axuda para paliar os efectos da pandemia a nivel económico.
En todo caso isto non supón que a actividade non comece antes para o Tenis de Mesa Monte Porreiro, xa que os plans da Federación Galega pasa por poder retomar as competicións autonómicas ao longo do mes de outubro.
Pese ao atraso das ligas nacionais, a intención do club pontevedrés segue sendo poder iniciar os adestramentos canto antes, unha vez poida solucionar o problema actual coa dispoñibilidade do pavillón de Príncipe Felipe.
Relacionadas:
-
A permanencia na Superdivisión é unha meta "más que suficiente" para o TM Monte Porreiro
Por Diego Espiño |
-
O Tenis Mesa Monte Porreiro presume do seu primeiro título de campión galego absoluto masculino por equipos
Por Redacción |
-
Dobre representación do Tenis de Mesa Monte Porreiro no Top 8 Estatal
Por Redacción |
-
O TM Monte Porreiro celebra a súa volta á actividade cunha dobre xornada das ligas galegas
Por Redacción |
-
O Tenis de Mesa Monte Porreiro, no limbo
Por Diego Espiño |
-
A Federación Galega proclama ao Monte Porreiro club campión do circuíto galego de tenis de mesa 2019/20
Por Redacción |
-
O Monte Porreiro, á espera dunha instalación específica para seguir medrando
Por Redacción |
-
O novo proxecto do TM Monte Porreiro feminino, 100% galego e coa idea de "chegar á fase de ascenso"
Por Diego Espiño |