Os sub-23 do Froiz buscan reivindicarse na Vuelta a Palencia
Por Redacción
O Grupo Deportivo Supermercados Froiz disputa este fin de semana, dende o venres ata o próximo luns, unha nova edición da Vuelta a Palencia, unha proba considerada como unha das mellores roldas españolas en categoría sub-23.
Serán catro etapas, unha menos que o pasado ano ao non se celebrar a habitual contrarreloxo, nas que os máis mozos do equipo alimenticio intentarán reivindicarse despois de transcorrida gran parte da tempada.
ÿscar González, recentemente proclamado campión galego de contrarreloxo sub-23, será unha das bazas do equipo xunto a Martín Lestido,
Roberto Mediero, Jesús Nanclares, Gonzalo Serrano, Iván Roade e Samuel Rodríguez.