Aser Estévez e ÿscar González, do Froiz, campións galegos contrarreloxo
Por Redacción
O Grupo Deportivo Supermercados Froiz converteuse no protagonista do Campionato Galego Contrarreloxo, organizado o pasado fin de semana polo Club Ciclista Cambre.
A escuadra alimenticia levouse os títulos na categoría Elite con Aser Álvarez e sub-23 grazas a ÿscar González.
O primeiro deles impúxose nun circuíto de 13,6 quilómetros polo Polígono do Espiritu Santo con 6 segundos de vantaxe sobre Gustavo Rodríguez e 36 sobre o seu compañeiro de equipo Sergio Míguez.
Pola súa banda ÿscar González, en sub-23, avantaxou a Roberto Mediero, tamén do Supermercados Froiz, en 36 segundos, completando o podio o ciclista do Cambre Daniel López.