Candela comprométese co Pontevedra por unha tempada
Por Diego Espiño
Ángel Luis Ruiz "Candela" xogará a presente tempada no Pontevedra Club de Fútbol tras chegar a un acordo co equipo granate.
Candela, centrocampista toledano de 26 anos, chega procedente do Albacete Balompié, equipo co que competiu o pasado ano no grupo terceiro da Segunda División B xogando un total de 21 partidos, 12 deles de titular.
O futbolista militou tres tempadas no Celta B, chegando a debutar co primeiro equipo antes de asinar co Montañeros, club dende o que regresou ao Albacete, onde xa xogara en categorías inferiores.
O Pontevedra presentará a Candela este martes no Estadio Municipal de Pasarón xunto a outra das fichaxes, o lateral esquerdo David Feito.