O Cisne pecha as fichaxes de Carró e Pombo e busca un primeira liña
Por Manu Otero
O debut do Cisne en liga Asobal non se producirá ata setembro, pero o conxunto pontevedrés xa ten o seu plantel practicamente pechado para a que será a súa primeira tempada na máxima categoría do balonmán español.
A falta de certificar as renovacións con Andrés Sánchez, Javier Vázquez e Pablo Picallo, que xa están encamiñadas, Jabato xa coñece os xogadores que terá aos seus ordenes para a próxima campaña. Incluídos as fichaxes de Gonzalo Carró e Carlos Pombo, cuxa chegada xa dá por feito o presidente da entidade Santi Picallo. "Temos pechado o acordo, esperamos presentalos a próxima semana", asegura o dirixente.
Máis dúbidas hai ao redor da renovación do gardameta Juan Novás, que están pendentes dos resultados dunha resonancia para coñecer o alcance da súa lesión e decidir se prolongar o seu contrato co club. No peor dos casos, o Cisne acudiría ao mercado a por un novo porteiro.
Aínda que aínda non teñen decidido se cubrir a única ficha que teñen libre, Picallo asume que o equipo necesita "unha primeira liña, temos seis xogadores e estamos un pouquiño curtos". Con todo, a procura desta fichaxe quedará supeditada ao orzamento final do equipo. "Neste momento tentamos apontoar o proxecto economico con xestións con empresas para incrementar o apoio privado. Se saen poderíase facer algun cambio no orzamento", conclúe.
Doutra banda, o cisneísta Bruno Väzquez xogará a próxima tempada no Lavadores, aínda que manterá o seu vínculo co Cisne, equipo co que seguirá adestrando do mesmo xeito que varios integrantes do plantel xuvenil, cos que Picallo dá por feito que Jabato terá que contar dado o esixente que se presenta o calendario.
Relacionadas:
-
O Cisne 'ficha' un novo patrocinador principal para a súa estrea na Liga Asobal
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
O Cisne pecha a renovación de Daniel Ramos para o seu proxecto en Asobal
Por Redacción |
-
Asobal fixa en 43.000 euros o canon que debe abonar o Cisne para pertencer á asociación de clubs
Por Diego Espiño |
-
O Cisne fai oficial a fichaxe do pivote Gonzalo Carró
Por Redacción |
-
Nova homenaxe ao Cisne polo seu ascenso á Liga Asobal, esta vez na Deputación
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
O Cisne fai oficial o regreso de Carlos Pombo
Por Redacción |
-
Ao Cisne espéralle unha Asobal de 34 xornadas e varios partidos entre semana
Por Diego Espiño |
-
O Cisne segue coas renovacións e asegura a continuidade de Álex Chan
Por Redacción |
-
Alejandro Conde convértese na sétima renovación do Cisne para o seu proxecto en Asobal
Por Redacción |
-
Iván Calvo, unha renovación en clave defensiva para o Cisne
Por Redacción |
-
O lateral Pablo Gayoso, quinta renovación do Cisne
Por Redacción |
-
Jorge Villamarín seguirá defendendo a portería do Cisne na Liga Asobal
Por Redacción |
-
Dani López, o seguinte en renovar e aceptar o reto de Asobal co Cisne
Por Redacción |
-
Segundo xogador que renova co Cisne: o extremo Jose Leiras
Por Redacción |
-
O cisneísta Álvaro Preciado seguirá vestindo de branco a próxima tempada
Por Redacción |