Anaitasuna fai oficial a fichaxe de Quique Domínguez como adestrador
Por Redacción
O adestrador pontevedrés de balonmán Quique Domínguez ten novo club. O Helvetia Anaitasuna fixo oficial este xoves a contratación do extécnico do Teucro para dirixir a próxima tempada ao seu primeiro equipo na liga Asobal. "Haberá dificultados e teremos que superalas xuntos pero estou seguro de que imos gozar moito", dixo nun breve vídeo de presentación que o club compartiu nas súas redes sociais.
OFICIAL
— Helvetia Anaitasuna (@AnaitasunaBM) May 7, 2020
El entrenador @EMunaiz nuevo técnico de @Helvetia_ES #Anaitasuna
Este viernes, rueda de prensa telemática para su presentación#GoraAnaita pic.twitter.com/MzNLHlXAHu
Antes de tomar as rendas do cadro navarro, Domínguez dirixiu ao Atlético Novás, ao que conseguiu manter afastado dos postos de descenso na División de Honra Plata. Despois de deixar o Teucro, ao que levou en dúas ocasións a Liga Asobal, o preparador tivo un breve periplo no Mudhar Handball de Arabia Saudita.
Un día antes de oficializar a contratación do seu novo adestrador, Anaitasuna confirmou a marcha de Iñaki Aniz, que fora técnico do primeiro equipo nas últimas tempadas e protagonizou unha emotiva despedida por videoconferencia do club que os seguidores puideron seguir en directo.
"Cando chegas a un club novo só pódelo facer con moitísimas ganas, forza e máxima enerxía", engadiu Domínguez no seu vídeo de presentación no que aproveitou para saudar aos socios e afeccionados do seu novo club.