O cross adaptado enche a Illa das Esculturas de alegría e compañeirismo
Durante a mañá do mércores máis de 200 corredores xuntáronse nas Illas das Esculturas para participar no XXVI Campionato Galego de Campo a Través para Persoas con Discapacidade Intelectual. Os participantes, pertencentes a 17 clubs distintos, chegaron de diferentes lugares de Galicia.
Ás 10:00 horas produciuse a recepción dos clubs e a entrega dos dorsais, preparando os corredores para as probas que empezarían ás 11:00 horas. O campionato dividiuse nas categorías de competición, adaptada e xogo, tanto a nivel escolar como federado, e masculino e feminino.
Durante todo o campionato sentiuse un ambiente cómodo e desenfadado, con compañeiros e rivais animándose e axudándose uns a outros. Ao acabar a proba os participantes recibían unha peza de froita e unha botella de auga e compartían unhas risas con amigos e contrincantes.
Fernando Iglesias, que participou na categoría de Adaptada Masculina de máis de 15 anos, afrontaba o campionato con dous obxectivos: "desfrutar dun día diferente practicando deporte con outros atletas de diferentes lugares de Galicia e chegar á meta tras completar o percorrido de dous kilómetros". Este tipo de eventos axuda á integración dos participantes e ensínalles os diferentes valores que promove o practicar deporte