O Supermercados Froiz inicia a pretempada cunha xornada de convivencia
Por Redacción
Primeira xornada de asfalto para o novo pelotón do G. D. Supermercados Froiz para a nova tempada. Dirixidos por Evaristo Portela, os ciclistas galegos que formarán parte da escuadra alimenticia esta campaña sometéronse esta fin de semana a unha sesión de adestramento pola contorna da Louriña.
Foi unha toma de contacto na que aproveitaron para completar un percorrido rompepiernas cunha subida final de trinta minutos. O dia consistiu na práctica de sprints e rodas de relevos sen maiores pretensións que a de coñecerse e comezar a facer grupo na primeira doutras tres sesións previas á concentración oficial do equipo.
Máis esixente foi o test no que participou o corredor luso do Supermercados Froiz, Iuri Leitao. O recentemente fichado competiu esta fin de semana nos trofeos internacional Bento Pessoa e Alves Barbosa de ciclismo en pista celebrado na localidade portuguesa de Anadía. Participou nas probas de Madison e Omnium, Leitao conseguiu o terceiro posto na carreira dominical de Madison. O sábado foi quinto na mesma disciplina e duodécimo en Omnium.
O corredor luso participará en Canada no copa do mundo do 24 ao 26 de xaneiro
Relacionadas:
-
Presentación de gala para a nova tempada do Froiz
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Ilusións renovadas do Froiz para a súa 32 tempada no pelotón ciclista
Por Diego Espiño |
-
Primeiro podio do ano para o Super Froiz. Iuri Leitao, proclámase campión de Portugal
Por Redacción |
-
Dous ciclistas do Super Froiz, Guillermo García e Adrián Barros, a proba cos profesionais
Por Boris Rodríguez Pintos |
-
O Supermercados Froiz ficha a Samuel Blanco, campión da Volta a Galicia no 2017
Por Manu Otero |
-
Jesús Arozamena deixa o Froiz para dar o salto ao profesionalismo
Por Redacción |
-
Problemas de saúde apartan a Cristian Mota do Froiz, que ficha no seu lugar ao portugués Iuri Leitao
Por Redacción |
-
O Froiz pecha o seu plantel con dúas novas fichaxes
Por Redacción |