O Arxil valora a chegada de reforzos para o equipo de Liga Feminina 2
Por Redacción
O mal final de ano pesou e moito no Club Baloncesto Arxil, que marchou de vacacións de Nadal nunha preocupante situación na Liga Feminina 2.
As verdes acumulan seis derrotas consecutivas que lles deixaron na duodécima posición cun balance de 3-9, só dúas vitorias por riba das dúas prazas de descenso ocupan o ADBA (1-11) e o Pozuelo (0-12).
Ante esta delicada situación, e con só nove xogadoras dispoñibles do primeiro plantel por circunstancias como a grave lesión de Natalia López, a directiva arxilista traballa na chegada de reforzos para afrontar con garantías a segunda metade da tempada.
A nivel deportivo, o Arxil comezou o seu descanso o 22 de xaneiro e non volverá aos adestramentos ata o día 2 de xaneiro para comezar a preparar o regreso da competición previsto para o sábado 11 de xaneiro en Leganés.
Antes, o sábado día 4, está previsto que as pontevedresas disputen o seu tradicional Torneo de Nadal, que nesta ocasión contará co Carmelitas da Primeira División Nacional como rival.
Relacionadas:
-
O Arxil ficha a ala-pívot arxentina Johanna Puchetti
Por Redacción |
-
O Arxil gaña o Trofeo Cidade de Pontevedra ante o Carmelitas de Ourense
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Cortegada leva o derbi fronte o Arxil (69-77)
Por Redacción |
-
Dura derrota do Arxil na súa visita ao Real Canoe (76-61)
Por Almu Dapena |