Castelló, próxima parada do Peixe Galego
Por Redacción
A competición non para na liga LEB Ouro para un Peixe Galego que quere darse unha alegría e recobrar forza nunha tempada que está resultado complicada.
O cadro marinense, despois de seis derrotas consecutivas e afundido no último posto, viaxa este venres (21:00 horas) á pista do Tau Castelló na busca da que sería a súa segunda vitoria do curso. Faio con todo con novos problemas ante as dúbidas sobre o estado físico do pivote Filip Toncinic.
"Ya arrastraba molestias en el último partido y esta semana no ha podido entrenar", confirmou Javi Llorente respecto diso, sendo Filip o único xogador que se perdería o duelo tras a recuperación de Álex Mazaira.
O Peixe afronta o choque co obxectivo de "buscar esa mejoría que nos de más opciones al final del partido", explicou o técnico, contra un equipo como o castellonenco que "tienen un juego exterior muy rápido, con mucha amenza de tres y juegan muy agresivos tanto en el bloqueo directo como en el uno para uno".
O rival pola súa banda chega ao duelo contra os de Marín despois de conseguir dous triunfos consecutivos que lle colocaron no posto 12 da táboa cun balance de 6-7.