Fichaxe e renovación no Pontevedra: Chega David García e renova David Pérez
Por Redacción
O Pontevedra Club de Fútbol confirmou este xoves á súa terceira fichaxe estival, o centrocampista procedente do Bergantiños David García Romero.
O xogador, de 22 anos, formouse nas categorías inferiores do Deportivo, pasando despois polo Somozas e a pasada tempada polo Bergantiños, equipo que descendeu a Rexional Preferente.
David García chega así a un club que o define no comunicado oficial como un futbolista con "un perfil polivalente e que pode xogar noutras posicións". Será presentado este venres en Pasarón.
RENOVACIÿN DE DAVID PÿREZ
Ademais da contratación de David García el Pontevedra pechou a renovación de David Pérez, que aceptou a proposta da entidade e seguirá vestindo de granate unha tempada máis.
O futbolista demorou a súa resposta despois de incorporarse á disciplina lerezana a metade de ano aceptando un contrato no que cobraba soamente por obxectivos.
Dos xogadores que participaron na última liga e aos que se lles presentou proposta de renovación, tan só falta coñecer a decisión do gardameta Lorenzo Riveiro.