Miguel Vázquez preséntase en Pasarón: "Es el Pontevedra, decidir ha sido fácil"
Por Diego Espiño
O central Miguel Ángel Vázquez mostrouse na súa presentación encantado de recalar nas filas do Pontevedra Club de Fútbol.
Aos seus 30 anos, e ante a pregunta de que lle fixo decantarse polo club granate a pesar de contar con máis ofertas da categoría, o futbolista foi moi expresivo: "es que es el Pontevedra, decidir es fácil. Es un histórico, un grande".
Miguel asegura asumir o obxectivo do ascenso, outro dos motivos polos que aceptou a proposta lerezana: "pesó mucho el hecho de poder jugar en Pasarón cada 15 días y luchar por el ascenso".
O xogador padronés mostrouse encantado de compartir de novo vestiario con vellos coñecidos como Pablo González ou Adrián Gómez, ademais de asegurar que asinar polo Pontevedra lle supón un esforzo principalmente de conciliación laboral, ao ter que ter solicitado un cambio de horario no seu traballo.
ACCIÿN GRANATE 50 +1 E CONTINUIDADE DE MAURICIO RODRÍGUEZ
No acto de presentación o vicepresidente do Consello de Administración, José Manuel Fernández, tivo que responder a diversas preguntas dos xornalistas, entre as que se encontraba a continuidade de Mauricio Rodríguez máis alá do 30 de xuño, data fixada polo propio presidente para renunciar ao cargo, unha cuestión que segue no aire a teor dos trasladado por Fernández: "sí, el día 30 se acerca. Hay una persona que ha puesto un límite a su actividad pero es una cuestión que tendrá que contestar esa persona en concreto, no yo".
En relación á presentación do proxecto Acción Granate 50 +1, o vicepresidente do Consello mostrouse aberto a coñecer de primeira man as súas propostas: "estoy abierto a debatir con cualquier persona y en cualquier momento ideas que puedan ir en beneficio del Pontevedra".