Recepción no Concello a Félix García, unha das grandes promesas do tenis en cadeira de rodas
Por Redacción
Félix García Pérez ten 16 anos, é pontevedrés e é unha das grandes promesas do tenis en cadeira de rodas.
Actualmente está situado entre os dez primeiros postos do ranking mundial junior e, recentemente, proclamouse subcampión da Copa do Mundo por equipos, xunto co vigués Martín de la Puente, e campión de Europa desta mesma modalidade deportiva.
Portaba ambas medallas no encontro que mantivo este luns co alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores.
Ambos falaron do futuro prometedor deste mozo deportista que adestra con frecuencia nas pistas para a práctica do tenis que ten o Casino Mercantil de Pontevedra nas súas instalacións de Mourente.
Entre as súas principais metas a longo prazo está poder participar nos Xogos Paralímpicos.