Ponte Muiños acollerá a 317 nadadores no Campionato Galego de Natación Absoluto e Júnior
Por Diego Espiño
O Campionato Galego de Natación Absoluto e Júnior reunirá na piscina olímpica de Ponte Muíños 317 nadadores de 23 clubs de Galicia durante tres días de competición, dende o venres 28 de xuño ao domingo 30.
A cita, que dende esta tempada se disputa en modo de contra o reloxo en lugar de eliminatorias e final, trátase para o presidente da Federación Galega, Carlos Touriño, do momento máis esperado do ano: "es nuestro campeonato estrella, el de mayor participación".
Entre os inscritos figuran nadadores do talle de Beatriz Gómez Cortés, ÿscar Pereiro ou María Vilas, os dous últimos recén chegados da súa participación nos Xogos do Mediterráneo. En conto aos equipos participantes, o presidente da Federación teno claro: "los favoritos son el Galaico, Pabellón Ourense y Natación Coruña".
A competición dará comezo este venres ás 17:30 horas, para continuar en xornada dobre sábado e domingo ás 10:00 horas e ás 17:30.