O Nacional de Novas Promesas pecha o pano no Pontillón con bo papel dos equipos pontevedreses
Por Redacción & Diego Torrado
O Campionato de España de Piragüismo de Novas Promesas de Piragüismo na modalidade sprint pechou o pano á competición no encoro pontevedrés de Pontillón do Castro, Verducido.
Fíxoo despois de tres días de competición e bo ambiente na instalación e cun gran papel dos equipos locais.
Na cita competían 932 deportistas de todo o país en idade infantil e cadete, récord de participación para un campionato destas características.
Tras 160 carreiras nas diferentes disciplinas, o Club Piragüismo Aranjuez levou o triunfo por equipos con 968 puntos, seguido do Náutico de Sevilla (966 puntos) e do Club Náutico Pontecesures (901 puntos).
Oitavo foi a Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra (500 puntos), mentres que o Piragüismo Verducido- Pontillón pechou o top-10 da clasificación (339 puntos).
Relacionadas:
-
Ampla representación pontevedresa no Mundial Sub-23 e Júnior de piragüismo en Romanía
Por Redacción |
-
Récord de participación no Nacional de Novas Promesas de piragüismo que acolle o Pontillón
Por Redacción |
-
A Escola Cidade de Pontevedra sae vitoriosa da regata 'Entre Pontes'
Por Sofía Lorenzo & Diego Torrado | Creada e actualizada
-
Quinto posto para o Ciudad de Pontevedra no Campionato de España Sprint de piragüismo
Por Redacción |