O Príncipe Felipe énchese de brillo polo Open Treboada de ximnasia acrobática
Por Redacción & Diego Torrado
Máis de 380 deportistas de dez clubs diferentes, procedentes de distintos lugares galegos e españois, acudiron ao Open Treboada de ximnasia acrobática, que se disputou, por segundo ano consecutivo, na Cidade Infantil de Príncipe Felipe.
Entre os equipos participantes estiveron os do Flic Flac, Nigrán, Gondomar, Vila de Marín e o organizador, en representación da ximnasia galega. Por outra banda, tamén tomaron parte uno de Asturias: o Acroastury, e catro do país portugués: Porto, Maia, Leiría e Alhandra.
A competición comezou o pasado xoves 23 de maio e alongouse ata este domingo, xornada na que se desenvolveron a partir das 10:00 horas as diferentes finais. Ademais, serviu de adestramento e proba de nivel para os campionatos de España e Portugal, que terán lugar proximamente.
As instalacións do pavillón pontevedrés enchéronse de cor e brillo durante catro días, esperando repetir a experiencia o ano que vén ante o éxito de participación desta edición.