Pasarón como terapia para o Pontevedra nunha esixente semana
Por Diego Espiño
A situación do Pontevedra segue sendo boa na liga, a só tres puntos dos postos de play-off, pero os últimos resultados conseguidos fóra da casa, auténtico talón de aquiles do equipo nas últimas campañas, pesan no ánimo. Non en balde os granates son o peor dos favoritos a domicilio (10 puntos).
Faise necesario mellorar nesa sorte se se quere aspirar a metas ambiciosas, pero antes o abrigo do Estadio Municipal de Pasarón aparece como terapia para os granates con dous encontros ante a súa xente en apenas 4 días que deben servir para levantar a moral.
O primeiro será unha proba esixente, a pesar de tratarse dunha competición secundaria como a Copa Federación, e é que o rival este mércores (18:00 horas) na ida dos cuartos de final será o terceiro clasificado do Grupo 3 da Segunda B, o Cornellà.
De novo as rotacións serán protagonistas no Pontevedra, que a pesar de priorizar a liga ten todo o interese posto na defensa do seu título copeiro. Así, Luismi previsiblemente poñerá sobre o verde un once competitivo.
Na aliñación, salvo sorpresa, estarán o sancionado Campillo, que se perderá o duelo do domingo ante o Internacional de Madrid xunto a Kevin ao cumprir ciclo de amoestacións. Ademais será unha boa ocasión de ver en acción ás novas fichaxes, en especial a un Álvaro Bustos que podería debutar coa elástica granate.
As entradas para presenciar o choque, gratuíto para os socios +, fixouse en 3 euros para os socios e de 5 euros para o resto do público.
Relacionadas:
-
O infortunio persegue a Álex Fernández, que estará preto dun mes de baixa
Por Diego Espiño |
-
Ao Pontevedra sáelle cara a Copa RFEF: dobre lesión e derrota ante o Cornellà (0-1)
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Luismi cre que o Pontevedra vai estar "hasta el final" pelexando por entrar no play-off
Por Diego Espiño |
-
Un erro defensivo de vulto leva á derrota o Pontevedra en Valladolid (1-0)
Por Diego Espiño |
-
Álvaro Bustos, fichaxe ao límite do prazo
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra enfrontarase ao Cornellà en cuartos de final de Copa Federación
Por Almu Dapena |
-
Sofre o Pontevedra pero empata en Navalcarnero (1-1) e avanza na Copa Federación
Por Redacción |