Aposta pola continuidade dun Teucro que intentará renovar á práctica totalidade do plantel
Por Diego Espiño
"Cuantos más jugadores de la actual plantilla sigan con nosotros, más garantía de éxito para el año que viene". Con esta frase o presidente da Sociedad Deportiva Teucro, Carlos García-Alén, desvela os plans do club azul na planificación da próxima tempada.
Asegurada a continuidade de Javier Barrios no banco, só o gardameta arxentino Juan Bar conta con contrato en vigor, o resto de xogadores do primeiro equipo rematan a súa vinculación co club.
Por ese motivo nos próximos días empezarán as reunións individuais para coñecer a situación de cada un dos integrantes do equipo azul. O único que seguro deixará a disciplina pontevedresa é o lateral catalán Siscu, que expresou o seu desexo de volver á súa terra.
O problema co que se pode encontrar o Teucro é o bo cartel que alcanzaron varios dos seus xogadores despois de protagonizar unha boa actuación na División de Honra Prata. ÿ o caso de José Manuel Rial ou Didac Villar, aínda que o central deixou a porta aberta a continuar un ano máis en Pontevedra.
Co mesmo presuposto para confeccionar o equipo, o club pensa en dar un paso máis e aínda que o obxectivo oficial volverá ser lograr a permanencia na categoría, non se perden de vista cotas de maior embergadura, como recoñece o propio presidente teucrista, "Javier ha demostrado que puede hacer un buen equipo con gente joven y nos da mucha confianza. Debemos asegurarnos no bajar pero a la vez generar ilusión y aspirar a todo lo que sea posible".