A pontevedresa Lidia Pérez cólgase a prata no Torneo Internacional 'Palestra' de loita olímpica
Por Redacción
A deportista do Club de Loita Pontevedra Lidia Pérez colgouse a medalla de prata no Torneo Internacional Palestra celebrado o pasado fin de semana en Tessalonika, Grecia.
Lida, convocada pola Selección Española cadete para participar neste torneo previo ao Campionato do Mundo da súa categoría, quedou a un paso do triunfo tras perder na final por un axustado tenteo de 1-0 e 1-0, aínda que axudou ao equipo nacional a conseguir en trecer posto xeral.
A loitadora pontevedresa adéstrase habitualmente nas instalacións do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, onde se prepara para as próximas citas mundiais e continentais nas que ten depositadas esperanzas de realizar un bo papel.