Álvaro Preciado, convocado por España para o Europeo Junior de balonmán
Por Redacción
A canteira non deixa de dar alegrías ao Club Cisne Balonmán, que verá como un dos seus xogadores debutará proximamente coa Selección Española Xuvenil e farao ademais nunha gran competición.
O xogador cineísta Álvaro Preciado foi incluído na convocatoria de 16 elaborada polo seleccionador xuvenil, Alberto Suárez, para preparar o Campionato de Europa de Croacia 2018, que se disputará do 9 ao 19 de agosto nas localidades de Varazdin e Koprivnica.
O lateral esquerdo do equipo pontevedrés é unha das dúas novidades na lista que a partir do 28 de xuño empezará a preparar o Europeo, despois de que os técnicos o chamasen en febreiro para unhas xornadas no Centro de Alto Rendemento de Serra Nevada.
O camiño dos Hispanos Xuvenís cara a Croacia iniciarase 40 días antes do inicio da cita continental en Madrid, na Residencia Blume, onde se concentrarán durante unha semana para realizar a primeira etapa da preparación. A segunda dará comezo á súa vez o 12 de xullo en Cidade Real adestrando en dobre sesión no Quixote Area, pavillón no que disputarán un amigable ante Romanía.
Por último o 29 de xullo comezará a concentración previa ao Campionato de Europa en Guadalaxara, que inclúe a participación de España no Torneo Scandiberico en Portugal onde se enfrontarán ao país anfitrión, a Suecia e a Noruega.
En canto ao Europeo, a Selección Española Xuvenil enfrontarase en primeira rolda a Hungría, Rusia e Alemaña, co obxectivo de pasar a unha 'main round' na que se atoparían con Eslovenia, Islandia, Suecia ou Polonia na loita por entrar nas semifinais do torneo.
Toda unha experiencia para o pontevedrés Álvaro Preciado e un premio ao seu gran tempada e á de todo o seu equipo, culminada coa medalla de bronce no Campionato de España Xuvenil.
Relacionadas:
-
A canteira do Cisne, con protagonismo nas xornadas de tecnificación do CAR de Sierra Nevada
Por Redacción |
-
O cisneísta Carlos Álvarez, convocado pola Selección Española Promesas
Por Redacción |
-
O Cisne ponse en marcha con 15 xogadores e a "misma ilusión de siempre"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
O Cisne iniciará a liga de División de Honra Prata o 15 de setembro en Zarautz
Por Redacción |
-
O Cisne tira de xuventude para afrontar unha nova tempada na División de Honra Prata
Por Alejandro Espiño |
-
Jabato seguirá unha tempada máis á fronte do Cisne
Por Redacción |
-
Os técnicos da Federación Española poñen os seus ollos no equipo cadete do Cisne
Por Redacción |
-
O Cisne cadete segue os pasos do equipo xuvenil e cóase entre os 8 mellores de España
Por Redacción |
-
O Cisne xuvenil, homenaxeado pola Federación Galega de Balonmán
Por Redacción |
-
Os xuvenís do Cisne tiran de épica para colgar o bronce no campionato de España
Por Redacción |