O Concello de Marín, premiado polo judo galego
Por Redacción
A Federación Galega de Judo recoñecerá na súa gala anual o apoio recibido durante o último ano por parte do Concello de Marín.
A administración marinense recibirá un dos diplomas Cinto de Ouro, como a entidade local que máis apoiou ao deporte do judo durante 2017.
Durante ese ano Marín foi escenario do Campionato Galego Escolar e a Supercopa de España-I Torneo Internacional de Judo Concello de Marín, ademais de colaborar en diferentes actividades de promoción desta modalidade deportiva.
Na gala, que se celebrará o 9 de xuño en Sanxenxo, entregaranse un total de 16 premios, entre os que destacan os de María Bernabeu (Bronce no Campionato do Mundo) e Alberto Gaiteiro (Bronce no Grand Prix de Cancún) como mellores judokas do ano.
Desde o Concello quixeron dedicar este recoñecemento ao club local, o Club Dom+, que desenvolve aseguran unha das escolas deportivas municipais máis demandadas nos últimos anos.