Soria e Valencia, próximas paradas para a Gimnástica nas ligas nacionais
Por Redacción
Os equipos masculino e feminino da Sociedad Gimnástica xa coñecen cales serán os seus rivais e a onde teranse que desprazar na segunda xornada das ligas nacionais.
O conxunto masculino, terceiro no seu grupo de División de Honra na xornada inicial, viaxará agora a Soria no que terá como rivais ao sempre impoñente Playas de Castellón, campión de grupo no seu encontro, aos locais do Atletismo Numantino (2º) e ao ISS - L'Hospitalet (4º).
Tamén concluíu en terceiro posto na estrea da tempada o equipo feminino, na xornada que organizou no Centro Galego de Tecnificación Deportiva. Agora deberá desprazarse á Comunidade Valenciana, concretamente á localidade de Torrent. Os seus rivais serán o ISS - L'Hospitalet (1º), Bahía Algeciras (2º) e o anfitrión, o CA Torrent (4º).
En ambos os casos os equipos da Gimnástica tentarán achegarse ao obxectivo da permanencia na categoría nunha segunda xornada que se disputará no caso dos mozos o sábado 19 de maio e no das mozas o domingo día 20.