Marín prepárase para acoller o "evento más grande" do kick boxing nacional
Por Diego Espiño
O kick boxing está "a pegar forte en Marín", asegurá o concelleiro de Deportes, Antonio Traba, non en balde a vila será escenario do 11 ao 13 de maio dunha das grandes competicións do calendario nacional.
O pavillón da Raña acollerá o Campionato de España de Kick Boxing por Autonomías para as categorías infantil, cadete e junior, coa presenza de case 800 deportistas, dos cales 94 serán galegos.
"É o evento máis grande de tatami da tempada", asegurou á súa vez na presentación da competición o presidente do club organizaor, ABP Sport, José Manuel Santiago, acompañado do presidente da Federación Galega de Kick Boxing, Serafín Mayo.
Na pista marinense instalaranse ata 8 tatamis, nos que se competirá nas modalidades de 'pointfighting', 'light contact', 'kicklight' e formas musicais.
A actividade arrincará ás 19:00 horas do venres 11 de maio coa recepción e pesada dos participantes, mentres que o sábado 12 ás 10:00 horas presentaranse ás seleccións participantes e ás 10:30 horas comezarán as eliminatorias e semifinais en xornadas intensiva ata aproximadamente as 21:00 horas. Pola súa banda para a última xornada, o domingo 13, quedarán o resto de eliminatorias e finais a partir das 9:00 horas.
A entrada para asistir ao evento custará 10 euros para unha xornada ou 15 euros para as dúas, e poderán adquirirse á chegada ao propio recinto deportivo.