Recepción municipal ao Poio Pescamar polo seu segundo título de Copa Galicia
Por Redacción & Mónica Patxot
Honras ao Poio Pescamar polo que foi o segundo título oficial da súa historia, a Copa Galicia 2018.
O Concello de Poio ofreceu unha recepción oficial ao equipo tras revalidar o título autonómico recentemente na fase final da competición celebrada en Marín.
O alcalde, Luciano Sobral, e a concelleira de Deportes, Marga Caldas, presidiron un acto no que foron entregando un pequeno detalle a cada unha das xogadoras.
Ademais rendeuse homenaxe ao equipo infantil que tamén se proclamou campión da Mini Copa Galicia.
Agora o conxunto vermello céntrase no obxectivo de final de tempada, clasificarse para a Copa de España e tentar chegar lonxe na fase final desta competición.