O deporte adaptado toma a Illa das Esculturas
Por Redacción & Mónica Patxot
O Campionato Galego de Campo a través, na modalidade de competición, organizado este mércores pola Federación Galega de Deporte Adaptado, contaxiou de espírito deportivo á Illa das Esculturas.
As probas, divididas en oito categorías, contaron cunha gran participación coa presenza de clubs de diferentes puntos da comunidade.
Na categoría de competición, Alejandro Montero logrou a primeira posición, mentres Ramón Pérez, do Pedro Nimo, foi segundo, e Juan Carlos Oitavén, do San Rafael, ocupou a terceira posición. Na categoría feminina, a gañadora foi Carlota Montero, San Rafael. Maite Sanros, do San Xerome, e Hortensia Garrido, do Esclavas, clasificáronse a continuación.
Jacobo Nogueira, do Juan XXIII, foi o triunfador en adaptada masculina. Juan Gómez, do San Rafael, ocupou a segunda posición e José Antonio Alonso, do Saladino, a terceira. Susana Atienza, do Aspavi, impúxose na categoría feminina. Natalia Charlín, do Juan XXIII, foi segunda, e Ada María Escontrela, do Asdan, finalizou terceira.
Por último na categoría de xogo disputáronse catro probas. Kiara Ferrira, do Menela, Brais Carreira, do Saladino, Mercedes Padín, do Esclavas, e Makhfouss Fall, do Saladino, foron os que lograron os primeiros postos.