O Galaico Sincro relaciónase cos mellores clubs de España
Por Redacción
O Campionato de España de Inverno Alevín e Infantil de Natación Artística celebrado durante a fin de semana en Zaragoza non puido resultar máis positivo para un dos clubs da cidade, o Galaico Sincro.
Os seus dous equipos, tanto o alevín como o infantil, quedaron clasificados entre os 16 mellores de España, gañándo o dereito para entrar na primeira división nacional.
En categoría alevín as pontevedresas finalizaron no posto 14 da clasificación por equipos, mentres que na infantil foron 16º entre os 31 clubs participantes.
Un importante paso adiante para o Galaico Sincro, que se relacionará coas mellores entidades de España.
Aínda por riba, a nivel individual o club pontevedrés sumou unha medalla no campionato nacional, a conseguida por Merce Domínguez en figuras da categoría alevín, ao conseguir a prata e situarse entre as mellores nadadoras da súa idade.
Relacionadas:
-
O Galaico Sincro, contento co seu papel no Campionato de España
Por Redacción |
-
O Galaico Sincro, preparado para o campionato de España alevín de natación artística
Por Redacción |
-
Éxito do Galaico Sincro no Open de Castela e León de natación artística
Por Redacción |
-
Éxito do Galaico Sincro no campionato galego de inverno de natación artística
Por Redacción & Diego Torrado |
-
A sincronizada galega ten unha cita en Pontemuíños
Por Diego Espiño |
-
RADIO.- O Galaico Sincro recolle a luva da unificación na natación sincronizada de Pontevedra
Por Marisa Ciordia |