Éxito do Galaico Sincro no campionato galego de inverno de natación artística
Por Redacción & Diego Torrado
A piscina olímpica de Pontemuíños acolleu con éxito a celebración da cita máis importante en Galicia da tempada invernal da natación artística, a nova denominación internacional da natación sincronizada: o campionato galego de inverno, organizado por el Club Galaico Sincro.
A fórmula de competición foi a de execución de figuras técnicas en xornada de mañá, dedicando a tarde ás rutinas en modalidade de dúos técnicos para a categoría junior, e equipo combinado -que comprende dentro da mesma rutina sólos, dúos e equipo- para as categorías junior, infantil e alevín.
O Club Natación Sincronizada Ourense conseguiu o trofeo por número de participantes e rutinas presentadas. Non obstante os postos máis disputados do medalleiro foron para a capital pontevedresa grazas aos clubs do Lérez, isto é, os ouros conseguidos polo Club Galaico Sincro nas rutinas combinadas infantil e alevín; as medallas individuais de ouro e bronce en figuras infantil; en alevín prata e bronce; e os dous bronces en dúo técnico junior e combinada infantil do Sincro Pontevedra.
O resto do medalleiro foi completado polo Club Sincro Ourense, levando ouro e prata en figuras técnicas alevín e infantil; prata en duo técnico junior, combo alevín e infantil; e ouro en combinada júnior. No caso do Club Náutico de Vigo, lograron medalla de ouro en dúo técnico junior; bronce en combinada infantil e prata en combinada júnior. E o Club Portamiñá de Lugo colgouse o bronce en combinada alevín.
Os resultados completos deste campionato pódense consultar na páxina web da federación.