O tiro exterior condena a un Arxil que cae na prórroga fronte a Añares Rioja (75-82)
Por Redacción
Segue en xeira negativa o Arxil que acumula xa cinco xornadas sen coñecer a vitoria tras caer na prórroga fronte a Añares Rioja, nun partido marcado polo desacerto no tiro exterior do conxunto verde, especialmente no terceiro cuarto e no tempo engadido.
As mozas de Mayte Méndez realizaron unha boa primeira parte en liñas xerais, pero afundíronse no terceiro cuarto e aínda que remontaron no últimos dez minutos para forzar a prórroga, nese tempo extra foron superadas claramente polas visitantes.
Números que falan por si sólos. Un pobre 34% en tiros de campo (27 de 80 intentos), pero especialmente nos lanzamentos de dous, con 21 canastras de 57 lanzamentos (37%), foi a causa principal dunha dolorosa derrota. As rioxanas, sen facer un gran partido, fóronse ata o 51% de efectividade nos tiros de dous puntos e un 47% no total de tiros de campo.
O resto de estatísticas fala de igualdade absoluta, ata no aspecto negativo, con excesivas perdas de balón en ambos os equipos, así como similar número de faltas e de rebotes.
Comezou ben o Arxil, dominando por unha curta marxe o primeiro cuarto (24-21) e mantendo a igualdade (14-14) no segundo, para retirarse ao descanso tres arriba (38-35).
Pero o paso polos vestiarios non lle sentou ben ás de Mayte Méndez, que volveron a pista despistadas e a mercé dun rival crecido que lles endosou un parcial de 11-21 para poñer o partido moi costa arriba (49-56).
O Arxil fixo o difícil nos últimos dez minutos, logrando neutralizar a renda cun parcial de 19-12 para mandar o partido á prórroga (68-68), pero no tempo engadido volveron os erros no lanzamento e as rioxanas aproveitárono (7-14) para levar os dous puntos (75-82).
Consulta as estatísticas do partido Arxil-Añares Rioja nesta ligazón.
Relacionadas:
-
GDKO Ibaizábal pasa por riba do Arxil (59-81)
Por Redacción |
-
Arxil corta a sangría de resultados negativos vencendo a domicilio a Lima Horta (63-70)
Por Redacción |
-
O Arxil buscará romper a súa mala xeira coa visita do Añares Rioja
Por Redacción |
-
Mayte Méndez e Milagros Sanmartín, 450 partidos á fronte do Arxil
Por Redacción |
-
O Arxil tira pola borda no último cuarto o seu bo traballo anterior na pista de Aros León (62-55)
Por Redacción |