O Arxil buscará romper a súa mala xeira coa visita do Añares Rioja
Por Redacción
Tras dúas derrotas consecutivas, o Arxil tratará este sábado de volver á senda do triunfo. Farao en casa, no pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva ás 19.30 horas, ante o Añares Rioja.
As pontevedresas adestraron con normalidade ao longo da semana e confían en volver dobregar, como fixeron na pista do cadro guipuscoano, ao seu rival, que tentará manter o seu gran estado de forma actual.
Mayte Méndez indicou que o Añares Rioja é un equipo "traballador, moi competitivo e que sabe a que quere xogar". Ademais, destaca a gran variedade de anotadoras que ten nas súas filas, polo que entende que "hai que estar moi atentas e moi postas en defensa".
A adestradora do Arxil espera un partido "duro e moi diferente" ao da primeira volta, polo que espera o apoio da afección local para que a vitoria quede en Pontevedra.