O Cidade das Burgas, rival do Poio Pescamar en liga e na fase final da Copa Xunta
Por Redacción
O Poio Pescamar xa coñece cal será o seu camiño no obxectivo de revalidar o título da Copa Xunta que logrou a pasada tempada de maneira brillante no Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra.
A Real Federación Galega de Fútbol realizou este xoves o sorteo da fase final, que se disputará os días 31 de marzo e 1 de abril nunha sede aínda por designar e que emparellou ao cadro vermello co Cidade das Burgas nunha das semifinais. A outra disputarana Ourense Envialia e Burela Pescados Rubén.
Despexada esa incógnita, o que toca agora é pensar de novo na liga e en repoñerse do inesperado tropezo da última xornada para consolidarse nos oito primeiros postos, e para iso crúzase no seu camiño o que será o seu rival en Copa.
O Poio Pescamar visitará este sábado (17:00 horas, TVG2) o Pavillón dos Remedios de Ourense nun duelo no que necesita sumar tres puntos para recuperar posicións na táboa.
A convocatoria das vermellas para o encontro compóñena: Silvia, Mónica, Ale de Paz, Jenny, Carol, Delise Geraldo, Ceci, Jessi Lores, Iria, Patri Corral e Yoli.
Relacionadas:
-
Marín, preparada para converterse en capital galega do fútbol sala
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar refórzase coa peche brasileira Daniella Sousa
Por Redacción |
-
Poio Pescamar cura feridas á conta dun débil Cidade das Burgas (0-5)
Por Redacción |
-
Poio Pescamar dá a de area e cae ante Penya Esplugues (1-4)
Por Redacción |
-
Poio Pescamar repite proeza e volve gañar a domicilio o líder Atlético Navalcarnero (2-3)
Por Redacción |
-
Segue en horas baixas o Poio Pescamar cedendo tamén en Murcia (4-3)
Por Redacción |