Gómez Noya gaña en Auckland a primeira proba das Series Mundiais 2013
Por Redacción
Non estaban os irmáns Brownlee, pero estas ausencias non deslocen o brillante comezo de ano de Javier Gómez Noya. O triatleta galego, despois de gañar dúas probas internacionais en San Francisco (EEUU) e Mooloolaba (Australia), adxudicouse a primeira carreira das Series Mundiais ITU 2013 que se celebrou na cidade neozelandesa de Auckland, parando o cronómetro en 1:55:51.
Gómez Noya, primeiro líder da competición, fíxose coa vitoria despois dunha proba moi disputada ata os últimos quilómetros do segmento de carreira co tamén español Mario Mola (1:56:03), que logrou un meritorio segundo posto no que supón a súa mellor actuación internacional, un feito que tamén celebrou o ferrolán ao termo da carreira.
Gracias a todos por el apoyo!Muy contento por esta victoria importante :-) Y contento por el carrerón de @mariomola !!Un abrazo a todos
Javi Gomez Noya (@Jgomeznoya) 6 de abril de 2013
Completou o podio en Auckland o portugués Joao Silva. A segunda cita das Series Mundiais terá lugar en San Diego os próximos días 19 e 20 de abril.